O Entroido adaptase á covid: 'Máscaras entroideiras' para escolares de Verín

O Concello de Verín repartirá unhas 2.000 máscaras hixiénicas temáticas do Entroido nos centros educativos de Verín. A autora do deseño é Aurora López, unha artista local.

Por X.M. Fernández | Verín | 25/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As máscaras, que serán entregadas o vindeiro 4 de febreiro coincidindo co xoves de  compadres, está baseado na principal figura do Entroido de Verín, o Cigarrón.

Máscara co deseño dun cigarrón
Máscara co deseño dun cigarrón | Fonte: Concello de Verín

"Aínda que sabemos que aos verineses e verinesas non lles fai falta, con esta iniciativa queremos contribuír, de maneira segura, a manter viva a chama do Entroido, neste caso entre os máis pequenos da casa", explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.

Esta iniciativa forma parte dun conxunto de accións promocionais que ten preparadas o Concello de Verín co obxectivo de manter vivo o Entroido de Verín, a festa máis mítica que caracteriza a esta vila ourensá. E que mellor xeito de empezar esta orixinal promoción do entroido que facelo lucindo o Cigarrón ao tempo que a xente se protexe de contaxios.

O deseño destas máscaras -hixiénicas e reutilizables- foi elaborado pola artista local, natural de Albarellos, Aurora López, e a fabricación das mesmas corre a cargo da empresa Nicandra. Para a súa elaboración emprégase tecido homologado pola normativa UNE0065 para filtrar e protexer ante a COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Que chula, poñédeas á venda que seguro que moita xente quere unha.