Intoxícase por un incendio provocado por un menor que xogaba con material inflamable

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2021 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia evacuaron de urxencia unha persoa que resultou intoxicada por inhalación de fume debido a un incendio declarado nunha vivenda de Bertamiráns (A Coruña) provocado por un menor que xogaba con material inflamable.

Diso informa o CIAE 112 Galicia na mañá deste domingo, que sitúa o incidente nas 22,00 horas da noite do sábado nunha vivieda da avenida da Mahía da localidade do municipio de Ames.

Debido ao incendio, provocado aparantemente por un menor que perdeu o control cando xogaba con material inflamable, unha persoa resultou intoxicada e tivo que ser evacuada de urxencia a un centro hospitalario polos efectivos do 061.

Minutos antes das 22,00 horas, varias chamadas de veciños de Bertamiráns alertaban ao 112 da existencia dunha deflagración nas inmediacións das súas casas. Segundo a versión achegada pola central de emerxencias, a explosión foi motivada pola entrada de osíxeno a través dunha das xanelas da vivenda.

Desprazados ao lugar, vos efectivos de emerxencia comprobaron co tres ocupantes da vivenda afectada (un adulto e dous menos) puideran abandonar o seu interior en bo estado.

As chamas, sufocadas polos bombeiros de Boiro, afectaron unicamente á vivenda orixe da deflagración.

Servizo de emerxencias 112. Pontevedra, fume, intoxicación
Servizo de emerxencias 112. Pontevedra, fume, intoxicación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta