Educación publicará este luns a ampliación da oposición de técnicos de FP para "contrarrestar" a 'Lei Celaá'

A Xunta considera que a nova lei educativa estatal prevé "a extinción" deste corpo profesional

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2021 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicará este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde que amplía a convocatoria de procedemento selectivos para profesorado técnico de Formación Profesional (FP), co obxectivo de "contrarrestar os efectos" da nova lei educativa estatal, coñecida como 'Lei Celaá'.

E é que, segundo asegura a Xunta nun comunicado, esta norma prevé "a extinción" deste corpo profesional que é "fundamental" para a formación do alumnado de FP, "especialmente no ámbito práctico".

Así, o DOG publicará este luns a ampliación destas oposicións, que ascende o total de prazas a 603 --561 de libre acceso e 42 reservadas para persoas con discapacidade-- en 24 especialidades.

A inscrición estará aberta desde o martes 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro. A Xunta garante que aquelas persoas que xa se anotasen no anterior prazo --do 1 ao 19 de xuño de 2020-- "non terán que realizar unha nova solicitude".

No entanto, aqueles inscritos que queiran modificar a quenda de ingreso, a exención da proba da lingua galega ou outra circunstancia, poderán volver tramitar unha solicitude "que anulará a anterior" e non terán que pagar de novo as taxas.

Probas de oposición en Silleda. PICASA
Probas de oposición en Silleda. PICASA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta