Só o 60% dos convocados participaron no cribado en Ourense

Probas masivas descobren 14 positivos en Outes e dous en Forcarei

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2021 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A participación no cribado para detectar casos de coronavirus na cidade Ourense non supera, a falta das probas da tarde do domingo, quedou no 60% das 6.000 persoas que estaban citadas ao longo do sábado e na mañá do domingo.

Segundo trasladou a xerencia da área sanitaria ourensá, só o 53% das persoas chamadas a participar na tarde do sábado se presentaron á cita. Foron descubertos seis casos de covid-19. Xa este domingo a porcentaxe elevouse ao 67%. En total sometéronse á proba PCR un total de 1.340 persoas.

Ao longo do fin de semana tamén están chamados a participar nun gran cribado miles de veciños do municipio de Arteixo, onde a incidencia supera o milleiro por cada 100.000 habitantes, o que levou á Xunta a elevar as restricións ao máximo esta semana.

En Serra de Outes, un cribado entre 4.300 veciños da zona (participaron o 88% dos citados) destapou 14 casos de coronavirus, mentres que en Forcarei descubríronse dous casos entre as 83 persoas que acudiron á cita (estaban chamadas 104).

Así mesmo, este domingo están chamados a participar nun cribado no Hospital Clínico de Santiago uns 60 alumnos do Colexio de Agolada.

Proba PCR
Proba PCR | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta