Os cambios bruscos de temperatura en Galicia inflúen nas patoloxías cardiovasculares

Un grupo de investigadores galegos pide que se implementen protocolos sanitarios e destacan que isto "pode ser relevante no contexto actual do envellecemento da poboación e o quecemento global".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

É coñecido que o aumento na mortalidade en pacientes cardiovasculares está relacionada cos cambios bruscos de temperaturas. Con todo, é menos coñecida a influencia de condicións de temperatura ambientais extremas no traslado de pacientes cardiovasculares en ambulancias.

Os galegos sofren máis riscos cardiovasculares que a media en España.
Os galegos sofren máis riscos cardiovasculares que a media en España.

Un grupo de investigadores e profesionais da sanidade galega acaba de detectar esta relación no primeiro estudo realizado no noroeste peninsular para avaliar os efectos de temperatura ambiental na morbosidade cardiovascular. Utilizaron, para iso, as chamadas e os traslados do sistema de emerxencias médicas. E os resultados evidencian que, diaramente, as enfermidades cardiovasculares están asociadas con cambios moderados na temperatura.

 

Durante o estudo observouse que a calor influíu en pacientes cardiovasculares de Vigo. "Temperaturas elevadas pola noite poden precipitar descompensacións cardiovasculares en persoas cos mecanismos de termorregulación danados", destacan os investigadores. Tamén apuntan que o estudo ten varias vantaxes ao usar as chamadas a ambulancias como un indicador da morbosidade cardiovascular polo gran número de pacientes que trasladan, especialmente, xente maior e persoas con ingresos baixos, cuxas patoloxías poden ser tratadas in sito e non rexistradas nas emerxencias de hospitais. 

 

Outra vantaxe apuntada é a posibilidade de medir a influencia que os cambios de temperatura teñen nos pacientes, o que permite avaliar que gamas de temperatura teñen un impacto máis grande para a saúde pública e realizar propostas de mellora.

 

PLANS REXIONAIS

 

Con todo, os investigadores recoñecen que para profundar no estudo sería necesario investigar os subgrupos tratados nas emerxencias de ambulancias e os resultados terían que ser incluídos en plans de prevención para o transporte de pacientes nestes vehículos. 

"Hai que ter en conta os efectos que os cambios extremos entre altas e baixas temperaturas teñen entre os pacientes cardiovasculares e poñer en marcha medidas a nivel rexional e local. Isto podería ser relevante no contexto actual do envellecemento da poboación e o quecemento global".

Este estudo busca para avaliar os efectos das temperaturas máximas e mínimas diarias nas cidades de Vigo e A Coruña utilizando as chamadas a Emerxencias durante o período 2005-2017 para o traslado de pacientes cardiovasculares e o estudo que os riscos relativos á calor ou ao frío tiveron nestes traslados.

MÁIS DE 70.000 CHAMADAS ANALIZADAS

O resultado é que, dun total de 70.537 chamadas avaliadas, a maioría estivo asociado con máximas e mínimas temperaturas en días fríos en ambas as cidades. Con temperaturas máximas, os efectos do frío observáronse en atrasos de 3-6 días en Vigo e 5-11 días na Coruña. Con temperaturas mínimas, os efectos do frío rexistraron un patrón similar en ambas as cidades, con riscos relativos significativos en atrasos de 4 a 12 días na Coruña. Non houbo un patrón claro sobre os efectos da calor. 

Como conclusión observouse un aumento da morbosidade cardiovascular con temperaturas moderadamente baixas pero non se puido establecer un parámetro concreto. Por iso, os investigadores consideran que os plans de prevención de saúde públicos terían que considerar incluír a influencia dos cambios de temperatura no traslado de pacientes na prevención de afecións cardiovasculares.

"Impact of Extreme Temperatures on Ambulance Dispatches Due to Cardiovascular Causes in North-West Spain", foi publicado na International Journal of Envirenment Research and Public Health por Santiago Gestal Romaní do Hospital de Montecelo e miembro del Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC , Dominic Royé e Adofo Figueiras tamén integrantes dese mesmo departamento, do CIBERESP e do Instituto de Investigacións da Saúde e Luis Sánchez Santos, da Fundación 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta