Allariz presume de reciclaxe de vidro no 2020, a pesar da covid

Aínda coa importante baixada de quilos que xerou a hostalería o pasado 2020 por mor da pandemia, os datos de recuperación de vidro demostran que o concello segue no bo camiño.

Por X.M. Fernández | Allariz | 26/01/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Logo dun 2020 complicado, no que houbo un estado de alarma a nivel estatal derivado da crise sanitaria pola Covid-19, os datos de recuperación de vidro no Concello de Allariz son bastante significativos, cun total de 209.830 quilos recollidos. Chama especialmente a atención o incremento de principios do 2020, ligado ao Nadal de 2019, con 18.360 quilos.

Colectores no Concello de Allariz. Foto: Prensa concello
Colectores no Concello de Allariz. Foto: Prensa concello

Durante os seguintes meses, por mor do Covid-19 e o inesperado confinamento, deuse unha forte baixada ligada que ten relación directa co peche da hostalería na primavera.

Agora ben, rematado o estado de alarma, volveuse coller o ritmo de reciclaxe esperado e en agosto acadáronse datos históricos en relación á reciclaxe de vidro na localidade.

Coa entrada do outono, os datos experimentan unha baixada coincidindo de novo co empeoro da situación sanitaria, recuperándose cara finais de ano aínda que non se chega aos datos de 2019. O balance anual reflicte, logo, un leve incremento de 2500 quilos en termos absolutos, aínda que co incremento de poboación que tivo Allariz no 2020 -o que supón máis quilos por habitante-, existe unha lixeirísima baixada, ligada sen dúbida aos períodos de restrición na hostalería. 

Á vista dos datos, e tendo en conta as circunstancias deste ano, o goberno local valora moi positivamente o comportamento anual grazas ao compromiso da veciñanza e a hostalería na reciclaxe-recuperación do vidro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta