Un paciente covid abandonado diante dun hospital de madrugada

Foi levado en ambulancia desde Corcubión ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee tras empeorar o seu estado. Tras darlle a alta non tiña ambulancia para volver á casa.

Por Galicia Confidencial | Cee | 25/01/2021 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Un erro informático, un erro de comunicación, ou un erro de vontade. Non sabe moi ben que pasou, só que, sendo positivo, e tras darlle a alta no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ás 1:30h, deixáronno alí, coa súa familia confinada, sen unha ambulancia que o devolvese ata a súa vivenda en Corcubión.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Elías Outes é veciño de Corcubión pero traballa en Vigo. Chegoulle o positivo o venres, 15 de xaneiro, polo que foi confinado na vila de San Marcos. Os síntomas foron a máis cando e, ao empeorar o seu estado ten que chamar ao 061, que xa lle alerta que ten que poñer o Centro de Referencia en Corcubión. A ambulancia trasládao ao Hospital Virxe da Xunqueira, onde lle dan tratamento, conseguindo unha boa mellora en poucas horas.

É a 1:00h da madrugada cando lle dan a alta. “Pregúntanme como viñen, dígolle que en ambulancia, pois o meu núcleo familiar tamén é positivo e está illado", di en declaracións a Que Pasa na Costa. Novamente chama á a ambulancia. Salta de novo a alerta que se o seu centro de referencia é Vigo e pode haber problemas para enviala.

Media hora despois, a administrativa trasládalle que a ambulancia lle é denegada, “porque a plataforma tecnolóxica non lle deixa pedila, e dinme que teño que cambiar os papeis… Como vou a cambiar os papeis se é a 1:30h da madrugada?”. Cóntalle de novo a situación pero “o médico insíste e méteme fóra, que estou de alta e teño que marchar. Como pode pasar iso? Un positivo en covid, feito polvo, abandonado á miña sorte, que teño que volver á miña casa, incumprindo as normas e os peches perimetrais por un fallo??”, sinala con total cabreo. “Non podo coller un taxi, non puiden pedir sequera unha folla de reclamacións porque os covid non nos podemos achegar ao mostrador… Unha vergonza”, denuncia.

Finalmente consegue voltar á súa casa gracias a un amigo, que se achega ata o Hospital, tamén incumprindo os peches e arriscandose a ser contaxiado. Deixa o coche en marcha ás portas do centro sanitario para que Elías volva á súa casa, nunha crúa noite, chovendo, e nun estado de saúde bastante precario.

"É certo que un día despois recibín a chamada do Hospital pedindo perdón, dando instrucións de que non volva ocorrer", aclara. "Pero deixelle claro que cando a miña saúde mo permita vouno denunciar pertinentemente, e lle dixen que ela faría o mesmo, porque hai que ser crítico co sistema para que non volvan acontecer estes graves sucesos”, coclúe.

Noticia do xornal colaborador QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gran Xestor

Espeluznante¡¡¡