As pernoctacións hoteleiras afúndense un 78,2% en 2020 en Galicia, máis que a media

A comunidade foi sexto destino dos residentes en España, pero situouse como antepenúltima en grao de ocupación por prazas (23,7%)

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/01/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

As pernoctacións hoteleiras afundíronse un 78,2% en 2020 en Galicia, ata 52.257, fronte ás 239.907 do ano anterior, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE). O ano marcado pola pandemia da covid, Galicia foi o sexto destino dos viaxeiros residentes en España en 2020, cunha taxa do 6,1% das pernoctacións hoteleiras, por detrás de Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid e Canarias.

Mentres, Canarias presentou o maior grao de ocupación por prazas durante 2020 (cunha media do 47,8%). Seguíronlle Cantabria (37,5%) e Illes Balears (35,2%) e Galicia neste caso situouse como antepenúltima, co 23,7%.

En decembro do ano pasado, Canarias, Comunidade de Madrid e Cataluña son os destinos principais do total de viaxeiros en España. Logo foron Andalucía, Comunidade Valenciana, Castela e León e Galicia. A comunidade galega, neste caso, acaparou o 3,8% das pernoctacións en decembro de 2020, fronte ao 2,7% que lle correspondían o último mes do ano anterior.

Tamén no último mes do ano pasado, Canarias presenta o maior grao de ocupación por prazas (26,3%). Séguelle a cidade autónoma de Ceuta, co 24,1%, e Galicia queda neste extremo de penúltima, co 10,8% da ocupación.

Pernoctaciones hoteleiras en Galicia en decembro. EPDATA
Pernoctaciones hoteleiras en Galicia en decembro. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta