Feijóo case que confina Galicia pero critica ao Goberno central por non adiantar o toque de queda

Pide un "consenso nacional" para limitar os contactos en centros laborais e potenciar o teletraballo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2021 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Feijóo insistiu en que o Goberno central "aínda está a tempo e debería rectificar" a súa decisión en relación a non permitir adiantar o toque de queda, como solicitaron varias comunidades, á vez que tamén apelou a "un consenso nacional" para limitar os contactos en centros laborais e potenciar o teletraballo.

Feijóo, tras o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Feijóo, tras o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia

En rolda de prensa, tras anunciar as novas restricións para Galicia, suliñou que adiantar o toque de queda é "un clamor" por parte da "maioría" de comunidades, "con independencia da cor política" de cada un dos seus gobernos. En todo caso, pediu aos cidadáns que apliquen "de facto" esta restrición e que limiten ao máximo a mobilidade, á vez que botou en falta "un consenso nacional" encamiñado a limitar as interaccións nos centros de traballo.

Preguntado acerca de se a Xunta ten algún cómputo de brotes en centros de traballo na Comunidade, o presidente galego subliñou que "na inmensa maioría" está "a cumprirse as normas" e "non é o lugar que máis preocupa". O que "máis preocupa" á Administración galega son outras interaccións de carácter social como nos momentos de lecer e no ámbito familiar. En todo caso, o presidente galego remarcou en que é importante apostar polo teletraballo, "polo menos algúns días á semana".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta