Os prezos industriais caen un 1% en Galicia en 2020, menos que a media española

A enerxía protagoniza o descenso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Os prezos industriais descenderon un 1% en Galicia de media durante 2020 en comparación co ano anterior, segundo datos deste martes do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta baixada é menor ao recorte de prezos industriais en España durante o ano (-1,4%). As taxas interanuais acumulan 19 meses consecutivos de diminución na comunidade galega. O descenso de prezos industriais en 2020 está protagonizado polo esborralle do 3,7% da enerxía, xa que no resto de bens increméntase.

Con todo, en decembro respecto de novembro hai un incremento do 0,9% no caso galego, que serve para moderar o retroceso anual de 2020.

DATOS ESTATAIS

Os prezos industriais subiron un 1% o pasado mes de decembro en relación ao mes anterior e moderaron a súa caída interanual ata o 1,4%, o seu menor retroceso desde xaneiro de 2020. Co recorte interanual de decembro, case un punto e medio máis moderado que o de novembro (-2,8%), os prezos industriais encadean 19 meses consecutivos de taxas negativas.

Prezos industriais galegos ao peche de 2020. EPDATA
Prezos industriais galegos ao peche de 2020. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta