O grupo Treixadura suspende todos os concertos deste ano nos que ía conmemorar os 30 anos de vida

Asegura que o fixeron como resultado dun debate interno e ao considerar que é "o máis oportuno coa situación actual".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/01/2021 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O grupo de música tradicional galega Treixadura anunciou que paraliza os seus concertos para este ano debido "ás restricións, limitacións, adaptacións e reorganizacións derivada da pandemia".

Nun comunicado, remarca que toma a decisión nun ano "moi especial" ao estar previsto que saíse á venda o seu novo traballo discográfico que conmemora os 30 anos de vida do grupo. Ante esta situación, o grupo apraza o seu lanzamento ao próximo ano, para o que prevé unha xira por Galicia.

Respecto da decisión adoptada, asegura que o fixeron como resultado dun debate interno e ao considerar que é "o máis oportuno coa situación actual". "As circunstancias derivadas da pandemia actual obrigaron a unha suspensión da actividade que non resultou fácil xa que os concertos son espazos máis importantes para compartir a música tradicional", recalca a este respecto.

Treixadura
Treixadura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta