O uso da firma electrónica dispárase debido á Covid-19

SERES creou Contralia, un servizo que permite ás organizacións usar a firma electrónica de forma sinxela.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Debido á pandemia pola Covid-19, o contacto directo entre persoas cada vez é menos común e máis difícil pola necesidade de distanciamento social para evitar contaxios. Por iso, as tecnoloxías tiveron que adaptarse para facilitar a vida ás persoas de maneira que evitemos os máximos achegamentos posibles.

Firma electrónica
Firma electrónica | Fonte: Fonte: SERES

A firma electrónica é un destes avances tecnolóxicos que permitiron ás persoas formalizar contratos e realizar todo tipo de trámites de maneira non presencial durante os meses de confinamento e de estado de alarma, asegurando a actividade e evitando posibles contaxios.

Por isto, incrementouse o seu uso nos últimos meses e consolidouse como firma igual de legal que a manuscrita, pero máis segura, xa que permite evitar desprazamentos innecesarios e aforra tempo. Ademais, tamén aforra en custos de arquivos, xa que o almacenamento é na nube e pódese acceder a eles dende calqueira plataforma.

CONTRALIA

Para simplificar a súa adopción e uso, o grupo SERES creou Contralia, un servizo que ofrece ás organizacións un entorno online para o envío, aceptación e firma de documentos contractuais, incluídos os que requiren dun consentimiento manifesto. Ademais, Contralia automatiza todo o proceso de notificación e seguimento e acumula probas de todas as accións que se realizan nel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta