Temas: MAR FERROL

O Concello de Ferrol encarga un estudo sobre as posibilidades na eólica mariña por 14.500 euros

"Queremos facer unha aposta polo desenvolvemento futuro que vai ter esta tecnoloxía; estimamos que é necesario aliñar ao sector público e privado" sinala o alcalde Ángel Mato.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol encargou a unha asesoría internacional un estudo sobre as posibilidades no sector eólico 'offshore', por un custo de 14.500 euros. O alcalde, Ángel Mato (PSOE), xustificou esta contratación a KPMG Asesores para a realización de estudo para a posible creación dun polo de innovación no sector eólico 'offshore' nesta zona.

Para iso, dixo, "será necesario analizar a oferta e a demanda que se vai producir nos próximos anos a nivel global", consciente de que "a día de hoxe xa se dispón dun ecosistema industrial" na comarca de Ferrolterra que "permiten xa traballar en moitos dos artefactos de eólica mariña que se están instalando en diferentes puntos do planeta". Así, Mato referiuse a as jackets e estruturas flotantes executadas nos últimos anos nas instalacións de Navantia Fene.

"APOSTA DE FUTURO"

"Queremos facer unha aposta polo desenvolvemento futuro que vai ter esta tecnoloxía; estimamos que é necesario aliñar ao sector público e privado, conxuntamente cos centros tecnolóxicos existentes en Galicia e coas universidades", destacou.

O alcalde da cidade naval detallou que os seus obxectivos é "poder materializar en Ferrol un centro de investigación que permita xerar valor en toda a cadea de produción da eólica mariña, desde o deseño, pasando pola fabricación de compoñentes e ata o desenvolvemento, se fose posible, de novos sistemas de xeración eléctrica offshore".

Ángel Mato manifestou que para poder materializar este proxecto "vai ser necesario e preciso a colaboración de todas as administracións". De aí o documento en que levan "moito tempo traballando, para poder presentalo tanto ao Goberno central como á Xunta de Galicia". "Desde as administracións temos a obrigación de presentar proxectos que sexan viables e que permitan analizar que posibilidades temos con carácter real neste novo mercado", abundou.

Para poder elaborar este traballo, KPMG "vai realizar ao longo das próximas semanas unha serie de análises con empresas privadas, públicas, como Navantia, asociación de empresarios e asociacións especializadas no ámbito eólico para estudar o posicionamento competitivo que teñan o tres comarcas, para poder desenvolver un proxecto concreto que permita a creación dun polo de innovación para este sector".

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, en rolda de prensa.
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, en rolda de prensa.

Temas: MAR FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta