Se vives só poderás formar parte dunha "unidade de convivencia ampliada" na nova corentena

Permitese a mobilidade para coidar a persoas menores ou dependentes, así como a actividade laboral, institucional ou empresarial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

As persoas que en Galicia viven en solitario poderán afrontar os próximas tres semanas de severas restricións para tentar frear a propagación do coronavirus sen sentirse soas, xa que a Xunta crea a "unidade de convivencia ampliada", que lles permitirá saltarse a norma de que só están autorizadas interaccións sociais con convivientes baixo o mesmo teito.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado a noite deste martes estipula que están exentas das limitacións de reunións de só convivientes "as persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada" e aclara que "cada unidade de convivencia pode integrar soamente a unha única persoa que viva soa".

Así mesmo, tamén quedan exentos de cumprir a norma de que só se permiten reunións familiares, sociais e lúdicas de persoas que pertencen ao mesmo núcleo ou grupo de convivencia os casos de menores de idade cuxos proxenitores non conviven no mesmo domicilio e os matrimonios ou parellas que viven en casas diferentes.

Así mesmo, séguese permitindo a reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables.

Tamén están aceptadas reunións por actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, "sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento". O DOG insiste, no entanto, en que "se recomenda restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia".

Un axente da Policía Local realiza un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela cara á estrada de Ourense, no barrio de Castiñeiriño. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un axente da Policía Local realiza un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela cara á estrada de Ourense, no barrio de Castiñeiriño. Álvaro Ballesteros - Europa Press

NOVO CONFINAMENTO

Ás 00,00 deste mércores entraron en vigor as novas restricións implantadas pola Xunta para loitar contra a pandemia do coronavirus. Entre as medidas atópase o peche perimetral dos 313 concellos de Galicia, así como o peche total da hostalaría e a limitación das reunións a só entre persoas convivientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta