O novo anuncio de Feijóo: pide que sexa obrigatorio o uso de máscaras FFPP2 aínda que el non as utiliza

Ataca ao Goberno central por substituír ao ministro Illa en plena pandemia. O Presidente matiza que o uso obrigatorio das máscaras se cinguiría a contextos concretos, como as viaxes en transporte público.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou que o Goberno do Estado "nin goberne nin deixe gobernar" ás comunidades autónomas por priorizar "criterios políticos de curto alcance" --en referencia ás eleccións catalás-- e avanzou que pedirá a obrigatoriedade das máscaras FFPP2.

Así o avanzou durante a súa comparecencia no pleno do Parlamento de Galicia, no que volveu a solicitar ao Executivo dirixido por Pedro Sánchez que "asuma as súas responsabilidades" sobre a pandemia.

"É triste que se manteña nun segundo plano", sostivo Feijóo, que criticou que, nun contexto de gravidade, os cidadáns teñan que observar "a substitución do ministro de Sanidade" ou o "despregamento de membros do Executivo en actos de campaña". "Pero o máis grave é que, por encima de todo, se impida ás comunidades os instrumentos que vemos necesarios desde a primeira liña", afirmou.

Así mesmo, cuestionou que o Executivo de Sánchez tome decisións "inspiradas por criterios políticos de curto alcance". "Por que se lle restou importancia á primeira de onda de marzo? Por que había que celebrar o 8M?", preguntouse, antes de equiparar o sucedido con que non se adopten medidas como adiantar o toque queda a pesar de que o piden todas as comunidades porque "hai que celebrar custe o que custe eleccións en Cataluña".

Deste xeito, tras cargar con dureza contra o Executivo central, avanzou que na súa reunión co presidente do Goberno do venres volverá esixir que se flexibilice adiantar o toque de queda e que España se dote dun instrumento lexislativo para xestionar a pandemia "a longo prazo", do mesmo xeito que Galicia impulsou a reforma da lei de saúde autonómica.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece no Parlamento de Galicia.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece no Parlamento de Galicia.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo

NO TRANASPORTE PÚBLICO

Na súa quenda de réplica, o presidente puntualizou que non pretende que o uso destas máscaras sexa obrigatorio "sempre", senón alcanzar un consenso e fixar "unhas directrices claras" sobre os momentos nos que sería necesario porse as FFP2. Como exemplo, mostrouse favorable ao seu uso no transporte, pero remarcou que sería preciso "concretalo a nivel de España".

"Seguímonos movendo nun marco normativo que non está preparado para xestionar unha pandemia durante un longo período de tempo", engadiu, antes de insistir na necesidade de que España se dote dun instrumento lexislativo para xestionar a pandemia "a longo prazo", igual que Galicia impulsou a reforma da súa lei de saúde autonómica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta