Sr. presidente: explíquese ou dimita

Pero, ¿A caso non somos a risa da Unión Europea? Penso que sí. E si esto é unha gran verdade, que acontece para que o presidente do goberno non se explique no Congreso diante os cidadáns?.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 18/07/2013

Comparte esta noticia
Que está pasando no executivo que todos os seus portavoces repiten machaconamente a mesma cantinela, cando as informacións diante un xuíz quitan á luz cuestións moi graves que danan a credibilidade do partido gobernante e das isntitucións democráticas?.
 
Acaso son as directrices, ou si se quere a folla de ruta indicada para que todos digan o mesmo: Bárcenas é un delincuente. Claro, e todos os cidadáns temos que crer tal milonga. Posiblemente este señor sexa un dos que, presuntamente,  ao repatir quedábase con parte. Pois xa  sabedes o que di o refrán: o que parte e reparte para sí a mellor parte. Pero tamén cabe a posibilidade de que sexa o cabeza de turco, o testaferro que agochaba unha ou varias contas que pertencían a varias persoas  ou á unha organización política. O que queda claro é que  de todo este lío,  das presumibles corruptelas,  dedúcense varías cuestións: cobrábanse sobresoldos, pero ninguen  preguntaba  nin  protestaba cando se percibían os miles de euros. E como o presidente, tamén cobraba, non pode agora  negar tal evidencia. Evidencia que a Sr. Cospedal, falando do tesoureiro, explicaría como un sobresoldo simulado, ou en diferido.  
 
Cada día que pasa, a xente da rúa,  ten  máis asumido que existía unha conexión entre as empresas que donaban e a adxudicación de suculentos contratos. Era a peaxe que había que pagar. Pero María Dolores e todos os demais voceiros siguen negando a maior. O PP ten as contas claras. O demais son papeis que nada aportan. Claro, as outras relacións económicas e clientelares funcionan polo principio da palabra dada, e non deixan rastro. Funcionan como contractos verbais, algo sememllante a palabra de honor que utilizaba e utiliza  a mafia, co agravante de  que o tesoureiro  pudera ou non sisar algo para o peto particular.
 
Pero, diante unha situación  tan bochornosa e escandalosa, que cheira podre, que fede a merda e a corrupción,  nin comparecencia do presidente nin dimisión. Polo que estamos dando unha imaxe nefasta diante os socios da UE; imaxe que nos ubica como un país corrupto, con cidadáns que apoian esta forma de actuar, pois sendo sabedores de tantos desmáns, a maioría silenciosa xustifica e  sigue apoiando nas urnas a políticos implicados en tales asuntos.
 
Vexamos: en Santiago, Feijoo nega a financiación ilegal para a campaña que lle deu a victoria por un escano. E pregunto ¿os suculentos donativos –case dous millóns de euros-  que recibiu para chegar ao poder, de onde viñeron?  Silencio. E seguindo esta liña lembro a Mariano cando apoiaba a Camps “Estaré a tu lado, delante y detrás…” E poderíanos enumerar moitos máis casos que se pudren á espera de que fale a  xustiza.  Pero ninguén  asume culpas; ninguén  dá explicacións convincentes nin dimite. Se a caso, pídense dimisións para os adversarios. Agora é cando lembramos as plabras do presidente do goberno: Seré meridianamente claro. Menuda carta de presentación en Europa. Que vergoña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com