Temas: COVID-19 USC PIB

Galicia pon fin a súa recuperación económica, segundo un informe do IDEGA

O documento confirma a recesión da economía galega.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) publica o seu informe anual sobre o estado da economía galega, ‘A Economía Galega. Informe 2019-2020’, coordinado polo profesor da USC Alberto Meixide.

AMP.- PIB.- A economía galega reduce o seu crecemento anual ao 2,3%, o seu peor dato desde o arranque de 2015. EUROPA PRESS - Arquivo
AMP.- PIB.- A economía galega reduce o seu crecemento anual ao 2,3%, o seu peor dato desde o arranque de 2015. EUROPA PRESS - Arquivo

Este documento confirma que a intensidade da terceira onda da COVID-19 e as demoras no proceso de vacinación, están provocando unhas nefastas previsións de crecemento para 2021. “Os resultados confirman que en recesión a economía galega non cae tanto como a española, pero en períodos expansivos crece menos”, constata o documento.

FIN DA RECUPERACIÓN ECONÓMICA

A crise provocada pola Covid-19 puxo fin a un período de recuperación económica en Galicia, o comprendido entre os anos 2014 e 2019. A economía mundial creceu un 2,8% en 2019, terceiro ano consecutivo de desaceleración, mais a situación complicouse notablemente en 2020 ante a crise da COVID-19 e con respostas moi diversas, apunta o documento.  

A partir de 2020, coa combinación dun réxime de confinamento estrito para frear a primeira vaga da pandemia pola COVID-19 e un modelo de crecemento excesivamente dependente do sector servizos, levaron a actividade a rexistrar unha histórica caída do PIB español do 17,8% no segundo trimestre, a maior da Unión Europea. 

Temas: COVID-19 USC PIB
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta