Novos cribados na área de Santiago detectan dous positivos nun colexio en Agolada e dous en Boqueixón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou novos positivos por Covid-19 en diversos cribados realizados nos últimos días. En concreto, dous casos nun colexio de Agolada e outros dous no municipio de Boqueixón.

Así o informou esta área sanitaria, que detallou que, pola súa banda, no cribado realizado no IES Marcos do Camballón en Vila de Cruces "non houbo ningún positivo". As mesmas fontes sanitarias destacaron que máis de 4.600 cidadáns da área sanitaria de Santiago e Barbanza participan en diferentes cribados esta semana ata o día 30 en seis municipios.

O primeiro levouse a cabo o pasado luns 25 no centro de saúde de Boqueixón con máis de 700 persoas de entre 30 e 44 anos cunha participación do 70 por cento dos citados e no que resultaron dous positivos.

Mentres, entre o 28 e 29 realizarase un cribado a 1.240 cidadáns de Padrón de entre 25 e 50 anos. En primeiro lugar cribarase ás persoas de 25 a 34 anos con médico no centro de saúde de Padrón e o xoves e venres á mostra entre 35 e 50 anos.

Ademais, este xoves farase un cribado a 500 persoas de Dodro que foron seleccionadas aleatoriamente con idades comprendidas entre os 31 e 50 anos. Tamén serán citados por SMS e indicarase a hora a que deben acudir ao centro de saúde de Padrón, onde se tomará a mostra. O venres realizarase cribado a 700 cidadáns de entre 31 e 50 anos de Rois, tamén escollidos aleatoriamente. Será pola tarde no centro de saúde de Padrón e serán citados por SMS.

Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo
Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta