O Eixo Atlántico suxire usar barcos hospitalizados da Armada lusa e española para pacientes covid

Sanidade insiste en que non haberá hospitais de campaña, a pesar de bater a súa marca de pacientes en UCI

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 27/01/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O secretario do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, expuxo a posibilidade de que as Armadas, tanto de España como de Portugal, poñan a disposición da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dous buques hospitalizados para aliviar a sobrecarga nos hospitais.

Buque hospital dos EE.UU.
Buque hospital dos EE.UU. | Fonte: EFE

Estes barcos, un no porto de Vigo e outro no de Viana do Castelo, permitirían, segundo Vázquez Mao, axudar a combater unha pandemia que previsiblemente se agravará nos próximos días nesta zona, e evitar así o colapso dos recursos sanitarios.

De feito, e con respecto ás declaracións da ministra de Sanidade de Portugal, Marta Temido, nas que confirmaba que o goberno luso sopesa recorrer á cooperación internacional para poder trasladar pacientes con COVID a outros países, fontes da Consellería de Sanidade afirmaron que non recibiron ningunha petición "oficial" por parte das autoridades sanitarias do país veciño para acoller enfermos na rede hospitalaria galega.

HOSPITAIS DE CAMPAÑA 

A Consellería de Sanidade descarta a instalación de hospitais de campaña en Galicia para pacientes con COVID e mantén que non se prevé esta medida "de momento", a pesar de que a presión hospitalaria na comunidade segue crecendo e, este mércores, o número de ingresos en UCI (178) xa supera ao pico rexistrado na primeira onda da pandemia, cando se alcanzaron 177 pacientes en coidados críticos, o 4 de abril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta