Máis de 3.000 inscritos nas listas de selección temporal do Sergas

1.200 deles son médicos de familia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou na súa edición deste xoves a relación provisional de admitidos/excluídos e as puntuacións provisionais dos aspirantes no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario do sistema público de saúde galego, que conta con 3.066 inscricións, delas 1.213 de médicos de familia.

Así o informou este xoves a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que detalla que se trata das especialidades de médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, pediatra de Atención Primaria e diversas de Enfermaría.

A categoría co maior número de solicitudes é a de médico de familia, con 1.213. Ademais, Sanidade destaca que o 9,21 por cento foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. As listas "son abertas", incide Sanidade, polo que poden inscribirse as persoas interesadas "en calquera momento", engaden as mesmas fontes.

Contra os resultados desta baremación provisional, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir desta publicación.

Enfermeiras protexidas con máscaras.. HOSPITAL POVISA
Enfermeiras protexidas con máscaras.. HOSPITAL POVISA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta