Dous detidos e 209 propostas de sancións no primeiro día de novas restricións pola pandemia

Establecéronse 560 controis en toda Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil propuxeron un total de 209 sancións e detívose a dúas persoas nos 560 controis efectuados na xornada do mércores, o primeiro día das novas restricións sanitarias, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia. Neles, identificouse a 10.422 peronas e controlouse a 7.345 vehículos.

Varios axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela
Varios axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Durante a xornada do mércores a Garda Civil efectuou en Galicia 462 controis nos que identificou a 7.249 persoas e controlou 5.649 vehículos. A Policía Nacional despregou 98 dispositivos nos que identificou a outras 3.173 persoas e controlou 1.696 vehículos.

No que respecta ás propostas de sanción, 147 proceden da Garda Civil e 62 da Policía Nacional. As sancións representan o 2% do total de persoas identificadas.

A Delegación do Goberno explica que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado están a adaptar os seus dispositivos no cumprimento das novas restricións de mobilidade e de encontros sociais.

Tamén se reforzaron os controis de horarios e de capacidade nos sectores afectados pola normativa vinculada á alerta máxima aprobada pola Xunta, "sen esquecer a esixencia do obrigatorio uso individual da máscara".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta