Temas: MúSICA

O ourensán Daniel Minimalia gaña o Hollywood Music Award á mellor canción de pop/rock latino

Foi galardoado polo seu tema 'Flor de leyenda'.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O guitarrista e compositor ourensán Daniel Minimalia gañou este mércores o Hollywood Music Award polo seu tema 'Flor de leyenda', na categoría de mellor canción de Pop/Rock Latino.

Daniel Minimalia
Daniel Minimalia | Fonte: www.danielminimalia.com.

A gala, celebrada virtualmente debido á pandemia de coronavirus, dacabalo entre Sidney e Los Ángeles, contou coa presenza de artistas como Laura Pausini ou Justin Timberlake, así como coa do produtor Kc Porter, colaborador habitual do músico Carlos Santana, e que foi ademais o encargado de anunciar o premio que finalmente recaeu en Daniel Minimalia.

O músico galego converteuse así no primeiro artista español en alcanzar dúas figuras destes galardóns -a anterior recibiuna en 2015 por 'Olas del Sur', mellor canción 'World'--. Ademais, a estes dous premios, súmase o Grammy Latino conseguido por Minimalia en novembro de 2020 co seu último disco, 'Terra', nomeado mellor álbum de música instrumental, e que o converteu no único artista galego premiado por un disco propio.

É en 'Terra' onde se sitúa 'Flor de leyenda', o tema que a academia de Hollywood distinguiu co seu galardón anual e que contou coa participación de Esmeralda Grao, que pon a súa voz ao primeiro tema con letra do músico ourensán.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta