O presidente galego contrario a "idea da nación de nacións" de Iceta

Feijóo espera que Iceta "cambie" a súa idea dun referendo de independencia en Cataluña agora que é ministro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esperar que o secretario xeral do PSdeG, Miguel Iceta, "cambie a idea" sobre un referendo de independencia" en "unha parte da nación española" agora que é ministro de Política Territorial.

"Quizais agora que vai ser ministro a cambie, pero nunca ningún ministro de Administracións Públicas do Partido Socialista ou do Partido Popular tivo a idea de nación de nacións e a idea dun referendo de independencia dunha parte da nación española como a tivo o secretario xeral do PSC", manifestou ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello polo nomeamento do Político Catalán.

Feijóo incidiu en que "sería moi importante" que cambiase esta idea xa que, pola contra, estaríase ante un "suposto absolutamente atípico nos 40 anos de democracia española". "É a primeira vez que un ministro de Política Territorial ten unha idea da nación española como a que veu tendo o señor Iceta", incidiu.

Ademais, vinculou o seu nomeamento á intención do PSOE de "buscar un acomodo" para o que "ía ser o candidato do PSC á Generalitat pero que deixou de selo" nun contexto no que o Goberno do Estado ten como "prioridade" as eleccións catalás. "Creo que hai poucas dúbidas de que a maior prioridade do Goberno central son as eleccións catalás, polo menos é o que vemos", subliñou Feijóo.

Miquel Iceta con José Ramón Besteiro nun encontro en Barcelona
Miquel Iceta con José Ramón Besteiro nun encontro en Barcelona

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta