A fiscal da 'Zamburiña': "É moi triste que se deixe entrar droga en Ourense e que a Policía o permita e non se castigue"

O caso queda visto para sentenza, aínda que a acusación recorrerá ao Supremo a anulación das escoitas para que se abra novo xuízo.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 28/01/2021 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Un mes antes do previsto, e sen realizar ningunha das probas testificales nin documentais, terminou o xuízo da 'Operación Zamburiña' nunha última sesión na que a fiscal censurou que "é moi triste que se deixe entrar droga na cidade (Ourense) e que a Policía o permita e non se castigue".

Xuízo da Operación Zamburiña
Xuízo da Operación Zamburiña | Fonte: Brais Lorenzo - Pool. - Europa Press.

Deste xeito, queda visto para sentenza este caso de presunta corrupción policial en relación con narcotraficantes, despois de que durante o xuízo na Audiencia Provincial de Ourense se anularon as escoitas que deron pé á operación.

A pesar de que na primeira vista tras as cuestións previas a maxistrada anulou o auto que recollía as escoitas --das que derivaron tanto os rexistros domiciliarios como a incautación de probas, así como as declaracións en fase de instrución--, a columna vertebral do xuízo, a fiscal continuou coa acusación aínda sen proba de cargo.

Así na última sesión do xuízo, a fiscal elevou as súas conclusións provisionais a definitivas continuando coa petición inicial de condena, que suma un total de 100 anos de cárcere entre os catro axentes acusados e os nove narcotraficantes.

As defensas reclaman a absolución dos acusados, que unicamente contestaron a preguntas dos seus letrados para asegurar non ser culpables de ningún dos delitos e que a droga aprehendida non era da súa propiedade.

RECURSO AO SUPREMO PARA RECLAMAR UN NOVO XUÍZO

Con todos estes motivos, a fiscal a cargo do caso afirmou que recorrerá á Sala do Penal do Supremo para reclamar que se revogue a nulidade e se abra un novo xuízo oral con todas as probas.

"Está a deixarse que entren grandes cantidades de droga na cidade de Ourense e é difícil loitar contra iso cando os policías son quen o permiten", lamenta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta