Santiago incrementa as restricións aos locais de apostas

Quedan aprobadas cos votos a favor de Compostela Aberta, BNG e PSOE, e a abstención do PP.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Santiago aprobou, cos votos a favor de Compostela Aberta, BNG e PSOE, e a abstención do PP, unha moción para incrementar as restricións aos locais e casas de apostas na cidade.

Casino
Casino | Fonte: Pixabay.

En concreto, a proposta, defendida polo edil de Compostela Aberta Xan Duro, inclúe a necesidade de impor a este tipo de establecementos "horarios de peche máis reducidos que a hostalaría" e afastalos un quilómetro en liña de centros de especial sensibilidade, como colexios.

Tamén se esixe que "non se concedan máis autorizacións para casas de apostas" e que se reforcen os plans de inspección, á vez que se destinen recursos para atallar o problema da ludopatía, unha patoloxía de adicción "crecente" e que afecta sobre todo a mozas e a persoas en situación de vulnerabilidade, denuncia CA.

A iniciativa incorporou unha emenda do BNG para levar adiante unha campaña educativa de concienciación con especial fincapé nos colexios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta