A Xunta destaca que Endesa "rectifica" e admite a viabilidade dos biocombustibles para a central das Pontes

Demanda ao Goberno central que non autorice "ningún tipo de peche nin desmantelamento" mentres non se autorice o uso de biocombustibles.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, destacou "a rectificación de hoxe" de Endesa "ao aceptar a viabilidade técnico e ambiental" do uso de biocombustibles para a central das Pontes, despois do recente anuncio da compañía de peche da térmica.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participa por videoconferencia na reunión da Mesa das Pontes
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participa por videoconferencia na reunión da Mesa das Pontes | Fonte: Europa Press

Tras unha reunión telemática esta tarde de xoves da Mesa de Transición das Pontes --na que participan administracións, empresa e sindicatos--, Conde asegurou que se puido "constatar entre todas as partes" que as probas realizadas por técnicos --do Inega da Xunta e o IDAE do Ministerio para a Transición Ecolóxica-- con biocombustibles "son viables".

Así, considera que "esta rectificación por parte de Endesa ten que abrir as portas a identificar cal é o futuro desde o punto de vista económico", así como a que a compañía traballe para buscar unha "solución industrial".

Neste sentido, a Xunta demanda ao Goberno central que non autorice "ningún tipo de peche nin desmantelamento" mentres non se autorice o uso de biocombustibles, á vez que require unha folla de ruta clara para afrontar unha transición enerxética que manteña o emprego.

COMPROMISO DO GOBERNO CENTRAL

Na reunión, a secretaria de Estado de Enerxía, Sara Aagesen, puxo de manifesto o "compromiso" do Ministerio para a Transición Ecolóxica co futuro das Pontes.

Tras o informe técnico favorable sobre biocombustibles para a central das Pontes, déronse desde o pasado mércores un prazo de dúas semanas para a valoración da súa viabilidade económica.

Ademais, a petición das organizacións sindicais, o Ministerio lanzará proximamente o proceso participativo para a elaboración do convenio de transición xusta da zona de afectación das Pontes, tal como fixo para a área de Meirama.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta