O PP "analiza" se suspende de militancia á alcaldesa de Boimorto tras vacinarse

A rexedora recibiu a vacina ao segundo día de iniciarse a campaña de vacinacións en Galicia, o pasado 28 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/01/2021 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

O PP da Coruña anunciou que pedirá ao Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG a apertura dun expediente disciplinario á alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, despois de transcender que a rexedora recibiu a vacina contra a covid-19. Así mesmo, o PP solicitará que se lle suspenda preventivamente de militancia e que se analice se cometeu algunha infracción grave que poida levar a expulsión do partido.

María Jesús Novo, á esquerda, rexedora do PP de Boimorto
María Jesús Novo, á esquerda, rexedora do PP de Boimorto | Fonte: xunta.gal

Todos os partidos da oposición pediron xa a súa dimisión. A rexedora declarara a 'elDiario.es' que, a pesar de non formar parte do persoal, exercía funcións de "xefa de persoal" do centro xeriátrico. De feito, dita residencia depende do Concello que ela dirixe e foi o propio centro xeriátrico o que deseñou a listaxe de persoas ás que se lles debía administrar a vacina contra a covid-19, listaxe que agora está baixo a lupa do Servizo Galego de Saúde.

Segundo trasladou a rexedora, o seu nome figuraría nesa listaxe a pesar de non ter unha relación profesional co centro porque acudía de forma habitual e exercía como "xefa de persoal", ou se encargaba de realizar directamente compras de útiles ou medicamentos que necesitaba a residencia.

Esta é a versión que comunicou a rexedora e que analizarán agora os membros da formación que dirixe Alberto Núñez Feijóo para determinar os pasos que segue o seu expediente interno.

María Jesús Novo recibiu a vacina o pasado 28 de decembro, un día despois de que se administrase en Santiago a primeira vacina contra a covid-19 que se puña na Comunidade galega.

FEIJÓO APELOU A "COMPORTAMENTOS ÉTICOS"

Este mesmo xoves, aínda que no contexto dos erros rexistrados nas listaxes do persoal sanitario, Feijóo apelara á responsabilidade individual e a manter "comportamentos éticos" no caso de que alguén fose incluído nunha lista de vacinación sen formar parte dun colectivo prioritario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anton 2.0

Como dice el "lanzahuesos" Teodoro..... Estos pronto alcanzarán la "INMUNIDAD DE REBAÑO"....