Verín activa un protocolo de atención municipal

As medidas teñen como obxectivo limitar ao mínimo as interaccións, as relacións sociais e a mobilidade dos veciños e veciñas da vila coa finalidade de previr a expansión da Covid-19.

Por X.M. Fernández | Verín | 31/01/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Verín activa un protocolo de atención municipal. A normativa estará vixente nas instalacións municipais que continúan abertas no Concello de Verín, isto é: a Casa do Concello, a sede de Servizos Sociais e a oficina da Policía Local.

Concello de Verín
Concello de Verín | Fonte: GC

O protocolo que se establece a instancia municipal contempla tamén as recomendacións de actuación establecidas pola autoridade sanitaria competente, neste caso a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

En calquera caso, as medidas específicas estipuladas polo Concello de Verín son as seguintes:

-Quedan abertas vía telefónica ou telemática todas as consultas. No caso de que calquera veciño ou veciña considere que debe ser atendido presencialmente nalgunha das instalacións nomeadas anteriormente, ten que chamar por teléfono (988 410 000) para solicitar unha cita.

-O funcionario ou persoal da instalación valorará a urxencia ou necesidade improrrogable da consulta presencial, de ser así establecerá unha cita con día e hora.

-O veciño ou veciña persoarase na instalación municipal como máximo con 5 minutos de antelación á cita. Na porta haberá un control de acceso que comprobará se existe cita nunha listaxe elaborada por cada servizo diariamente. No caso de non ter solicitado cita, non será atendido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta