A Xunta ultima os trámites para incoar a declaración da Casa Cornide como BIC

O BNG pide "celeridade" e que se "blinde" tanto no inmoble como o contido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia está a ultimar os trámites que permitan incoar o expediente de declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da Casa Cornide, segundo expuxo a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insúa, na súa comparecencia na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento galego.

En resposta a unha pregunta oral do BNG, formulada pola deputada Mercedes Queixas, a directora xeral de Patrimonio Cultural trasladou a vontade da Administración galega de axilizar o proceso despois de recibir a solicitude do Concello da Coruña.

Destes informes, que inclúen unha análise artística, histórica e arquitectónica, dixo que están, ao seu xuízo, "suficientemente documentados" e precisou que se centran no que é "o inmoble", despois de que a deputada do BNG incidise tamén na protección do contido e alertase do traslado de bens por parte dos Franco. Por iso, reclamou que se "blinde" non só o inmoble se non o seu contido.

Por outra banda, confirmou que a Xunta, para reducir os tempos de tramitación administrativa, xa achegou a documentación aos órganos consultivos: o Consello da Cultura Galega, a Real Academia de Belas Ares e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC).

Ademais, apuntou que os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio están a elaborar un informe sobre os valores culturais do edificio. "Unha vez que se reciban os informes dos órganos asesores, xunto ao emitido pola Dirección Xeral, se así o ditaminan, procederemos a tramitar a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de incoación do procedemento para declarar BIC este inmoble", explicou.

Protesta ante a Casa Cornide para reclamar a súa devolución. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Protesta ante a Casa Cornide para reclamar a súa devolución. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta