Dous detidos e 211 propostas de sanción na segunda xornada con novas restricións

Realizáronse un total de 551 dispositivos de seguridade nos que se controlou a 12.026 persoas e 7.991 vehículos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 29/01/2021 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Os controis realizados pola Garda Civil e a Policía Nacional durante este xoves para vixiar o cumprimento das restricións pola crise sanitaria en Galicia saldáronse con dous detidos e 211 propostas de sanción. Segundo os datos facilitados pola Delegación do Goberno, realizáronse un total de 551 dispositivos de seguridade nos que se controlaron 12.026 persoas e 7.991 vehículos.

Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense
Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Nas últimas 24 horas, a Garda Civil efectuou en Galicia 448 controis nos que identificou a 8.445 persoas e a Policía Nacional despregou 103 dispositivos nos que identificou a outros 3.581 cidadáns. En canto a vehículos, controláronse 6.078 e 1.913, respectivamente.

No que respecta ás propostas de sanción, a Garda Civil elevou 118 e a Policía Nacional 93, o 1,7% do total de persoas identificadas.

Os controis de cumprimento polas novas restricións, que entraron o mércores en vigor, ascenden xa a 1.111, con 420 propostas de sanción en total.

Tamén se reforzaron os controis de horarios e capacidade nos sectores afectados pola normativa vinculada á alerta máxima aprobada pola Xunta de Galicia, sen esquecer a esixencia do obrigatorio uso individual da máscara.

A Delegación do Goberno insiste no cumprimento das medidas aprobadas para frear a expansión da COVID-19 e seguir as indicacións facilitadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta