Setecentas persoas de Ortigueira de entre 51 e 64 anos serán chamadas para un cribado a semana que vén

A toma de mostras será durante tres tardes dos próximos luns 1, martes 2 e mércores 3 de febreiro.

Por E.P. | Ferrol | 29/01/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ferrol realizará un cribado voluntario para a detección precoz da covid-19 no Concello de Ortigueira, no que se citará a 700 persoas de entre 51 e 64 anos.

Un total de seis profesionais de enfermaría traballarán neste cribado: catro enfermeiras do centro de saúde de Pontedeume, xunto co apoio dun equipo de probas dunha enfermeira e un técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría.

A toma de mostras será durante tres tardes dos próximos luns 1, martes 2 e mércores 3 de febreiro. Realizarase unha proba nasofarínxea de antíxenos na entrada do centro de saúde de Ortigueira, onde estarán instaladas dúas carpas.

Para iso, convocarase por SMS a ao redor de 700 persoas de entre 51 e 64 anos con cartón sanitario no centro de saúde de Ortigueira, ás que se lle fará a proba de antígenos.

Probas covid, cribado masivo na universidade desenvolto por estudantes de Enfermaría
Probas covid, cribado masivo na universidade desenvolto por estudantes de Enfermaría | Fonte: Twitter: @iamnotzaar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta