Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/01/2021 | Actualizada ás 19:31
O programa de turismo interno 'Elixe Galicia' impulsado en 2020 pola Xunta foi recoñecido como un dos gañadores do premio 'Fitur' ao mellor produto de turismo activo na categoría estatal, galardóns que organizan conxuntamente a Feira Internacional de Turismo de Madrid e a revista Aire Libre.
O xurado, composto por profesionais do sector, prensa especializada e público en xeral, recoñeceron esta iniciativa da Administrción galega na 26ª edición dos premios, aos que se presentaron un cento de candidaturas.
'Elixe Galicia', orientado a impulsar o turismo dos galegos dentro da súa propia terra, resultou gañador xunto con outro tres produtos de turismo activo: 'A aventura do Santo Graal' en Valencia; Vale D'Aran 'Walking Festival' de Lleida e o 'Barranco da Leze', en Áraba.
Este galardón, que se entregará oficialmente durante a próxima edición de Fitur, supón o quinto premio que reciben iniciativas galegas nesta categoría despois dos conseguido nos anos 2010 (Bono Iacobus), 2015 (Trens Turísticos), 2016 (Outono Gastronómico) e 2018 (Experencias nos Parques Nacionais de Galicia).
O recoñecemento vai acompañado de tarefas de promoción por parte dos promotores dos galardóns, que incluirán o programa 'Elixe Galicia' en "todos os soportes físicos e dixitais" que conta Fitur.
A pandemia obrigou a interromper a campaña do ano pasado, pero a Xunta de Galicia contempla retomar a iniciativa este ano 2021 unha vez as condicións sanitarias o permitan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.