A fin de semana remata con 21 accidentes de tráfico e 24 feridos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu a 24 persoas debido a 21 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en estradas da Comunidade galega. Os días con máis sinistros foron o sábado e domingo, con nove en cada caso.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 29 de xaneiro e as 23,59 horas do domingo 31 un total de 27 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 25. En concreto, as ambulancias de soporte vital avanzado asistiron en dous sinistros e as asistenciais foron mobilizadas en 23 ocasións.

En 20 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en catro ocasións recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 73 por cento e a de mulleres reduciuse ao 27%. En canto ás idades dos feridos, o 41% dos asistidos tiña entre 15 e 29 anos.

A provincia da Coruña, con oito sinistros, foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con seis; Ourense, con catro; e Lugo, con tres.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta