Galicia sumou dúas vítimas nas estradas en xaneiro, tres menos que no mesmo período de 2020

As limitacións pola covid non impiden que se sigan producindo accidentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en xaneiro dúas victimas mortais en dous accidentes nas súas vías interurbanas, a metade dos que se produciron no mesmo período do 2020 cando ademais morreron cinco persoas, tres máis que durante o primeiro mes de 2021.

Os accidentes, dúas saídas de vía que se produciron na provincia de Ourense, saldáronse coa vida de dúas persoas, unha vítima maior de 65 anos e outra de entre 35 e 44 anos.

Ademais, durante este mes de xaneiro, non se rexistrou ningún accidente mortal nas provincias da Coruña e Pontevedra cando, para o mesmo período do pasado ano, xa se produciron catro sinistros: tres con catro vítimas mortais na área coruñesa e un en Pontevedra, cun falecido.

Unha traballadora dunha UVI móbil. Eduardo Parra - Europa Press
Unha traballadora dunha UVI móbil. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta