As salas de concertos poderán acceder a unha liña extraordinaria de axudas se programan no marco do Xacobeo

A Xunta destina 800.000 euros a esta nova vía de apoio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2021 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a convocatoria e as bases dunha liña extraordinaria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical, no marco do Xacobeo 2021, por parte de salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público.

Caxade na Capitol.
Caxade na Capitol.

En concreto, a Xunta destina 800.000 euros a esta nova vía de apoio, a través da que busca achegar liquidez a este tipo de espazos tanto para enfrontar os efectos económicos do seu peche por mor das restricións aplicadas durante a pandemia, como para retomar a súa actividade en canto a situación sanitaria o permita.

Para iso, a Consellería de Cultura organiza este martes, día 2, ás 9,00 horas, unha sesión dixital informativa sobre as bases, os requisitos de solicitude e o procedemento abreviado de adxudicación, en réxime de concorrencia non competitiva.

Axilizarase, deste xeito, a tramitación destas axudas, que atenderán por orde cronolóxica e ata o esgotamento do crédito --ou ata o 1 de marzo, no seu caso-- todos os proxectos que reúnan os requisitos esixidos. Outorgaranse ata 20.000 euros por sala adxudicataria, para chegar a un mínimo de 40 en toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta