Só dous concelleiros estarán á fronte do Concello de Ourense logo do positivo de Telmo Ucha

Será Armando Ojea, a través dun decreto da Alcaldía, o que asuma de forma temporal as competencias do seu compañeiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense informou de que o concelleiro Telmo Ucha deu positivo en coronavirus e terá que gardar a correspondente corentena. Aínda que nun principio ía a teletraballar, finalmente asumirá as súas áreas o edil Armando Ojea, de forma que o goberno complétase con só dous concelleiros operativos xunto co rexedor, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana).

O pasado martes o goberno local xa se viu obrigado a aprazar tres reunións previstas ante as sospeitas de que Telmo Ucha puidese estar contaxiado porque tiña sintomatoloxía compatible co virus. O edil manexa 15 áreas, polo que as reunións anuladas foron as das xuntas que preside e que convoca cada dúas semanas: Participación cidadá, turismo e termalismo, política social, igualdade, sanidade, mocidade e voluntariado, comercio, servizos xerais e seguridade cidadá.

A oposición foi informada de que o concelleiro ía someterse a unha PCR para descartar que fose covid-19 e poder continuar co seu traballo, o resultado foi negativo. No entanto, continuou cos síntomas polo que se someteu a unha nova proba o pasado venres que si deu positivo. Esta situación obriga ao concelleiro a gardar corentena ata novo aviso. Así o comunicou o Concello de Ourense. Será Armando Ojea, a través dun decreto da Alcaldía, o que asuma de forma temporal as competencias do seu compañeiro.

O Concello expón que, xa a semana pasada, Telmo Ucha, ao presentar un cadro de febre alta, realizara tanto unha PCR como unha proba de antíxenos, ambos os resultado negativo, a pesar do cal aprazaron as xuntas de área por precaución.

Con todo, seguiu acudindo ao longo da semana a traballar igualmente á Casa Consistorial, onde si participou na xunta de goberno do xoves posto que é imprescindible que o faga para que se poida celebrar. O Concello insistiu en que "sempre gardou as medidas de seguridade e protección definidas na normativa vixente e fixo uso da máscara".

Toma de posesión do concelleiro Telmo Ucha
Toma de posesión do concelleiro Telmo Ucha | Fonte: OURENSE.GAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta