Continúan denunciando supostas irregularidades na xestión do Colexio Oficial de Enfermaría de Pontevedra

Cinco enfermeiras suplentes da candidatura do presidente, Carlos Fernández, renunciaron a calquera vinculación coa candidatura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

Cinco do oito enfermeiras suplentes que concorreron en 2018 dentro da candidatura de Carlos Fernández á presidencia do Colexio oficial de Enfermaría presentaron a súa renuncia a calquera vinculación con esta nun escrito remitido ao actual presidente. Diso informa o secretario do colexio, José Faustino Portela, quen hai semanas que leva denunciando supostas irregularidades na xestión de Fernández.

Esta renuncia, segundo advirte, "deixa a Fernández sen parte de substitutos ante unha eventual baixa de calquera membro da súa xunta". Ademais, Portela apunta que Fernández se enfronta o próximo 3 de febreiro a un xuízo por unha suposta manipulación no seu favor dos comicios celebrados en 2018. O presidente do colexio declinou pronunciarse, ao alegar que o que teña que aclarar farao ante a xunta de goberno da institución.

Colexio Oficial Enfermaría Pontevedra | Fonte: Páxinas Galegas
Colexio Oficial Enfermaría Pontevedra | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta