Activada a alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña e nas Rías Baixas

Tamén hai aviso amarelo por vento na Mariña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por choivas no suroeste da provincia da Coruña e nas Rías Baixas. Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que se esperan 80 litros por metro cadrado en 12 horas no suroeste da provincia da Coruña e nas Rías Baixas.

Mentres, no interior e na zona do Miño da provincia de Pontevedra, e no oeste da Coruña está activada a alerta amarela, por precipitacións que poden alcanzar 60 litros por metro cadrado en 12 horas.

Así mesmo, a Vicepresidencia da Xunta lembra que permanece activado un aviso amarelo por vento na Mariña luguesa con refachos que poden alcanzar os 90 quilómetros por hora. Por iso, a Xunta lembra a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web do 112 Galicia --www.112galicia.org--.

Persoa con paraugas pola choiva. EUROPA PRESS - Arquivo
Persoa con paraugas pola choiva. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta