Baixan a 31.800 os traballadores en ERTE en xaneiro, un 7,3% menos

Tamén baixan as afiliacións á Seguridade Social.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

O mes de xaneiro pechou en Galicia con 31.308 traballadores protexidos en expedientes de regulación de emprego temporais, o que supón un 7,3% menos que ao acabar o ano 2020, cando eran 33.772, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

En canto ás afiliacións á Seguridade Social, baixaron en 9.823 persoas este primeiro mes de 2021 na comunidade galega, un 0,98%, en relación con decembro, ata 992.338. Son 14.168 cotizantes menos que hai un ano, o que representa unha caída do 1,41%.

Variación dos afiliados á Seguridade Social en Galicia. EPDATA
Variación dos afiliados á Seguridade Social en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta