Inscríbense 37 proxectos aos II Premios Mil Primaveras, convocados pola CTNL

O obxectivo é recoñecer a labor que levan a cabo as diferentes entidades que loitan por darlle prestixio á nosa lingua, o galego.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A segunda edición dos Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, pechou o pasado 31 de xaneiro o prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas de normalización lingüística, na que diferentes servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua galega, asociacións e outras entidades presentaron 37 proxectos.

II Premios Mil Primaveras
II Premios Mil Primaveras | Fonte: Asociación para a normalización lingüística en Galiza

O fin dos Premios Mil Primaveras é propoñer proxectos que fomenten a posta en valor e fomentar a lingua e incrementar o seu uso e prestixio. Esta iniciativa, ademais, ten o obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos.

Nos próximos días, a CTNL nomeará un xurado formado por técnicos/as de normalización lingüística e persoas con recoñecida capacidade en ámbitos como a planificación lingüística, a intervención social, a xestión de proxectos sociais e/ou a comunicación para seleccionar as campañas que resultarán recoñecidas nesta segunda edición dos premios.

 

NACEMENTO DOS PREMIOS MIL PRIMAVERAS

 

Os II Premios Mil Primaveras promóveos e organízaos a CTNL coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Con eles, a CTNL pretende valorar e proxectar o gran labor que se desenvolve no ámbito da normalización lingüística, dar visibilidade a proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poidan servir como modelo e inspiración para mellorar o traballo en normalización da lingua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta