Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 18:04
O Partido Socialista de Galicia pedirá no Parlamento de Galicia que se paralice a instalación dunha liña de alta tensión entre o parque eólico de Monteagudo, en Carballo, e o polígono de Morás, en Arteixo.
Así o avanzou o parlamentario Martín Seco nun comunicado remitido aos medios, no que denuncia que esta liña de alta tensión "esnaquiza toda a parte occidental" do Concello de Arteixo, "a de maior calidade paisaxística e ambiental" nun municipio con "un alto grao de sacrificio paisaxístico, causado polas infraestruturas industriais e de comunicación".
Deste xeito, Miolo sinalou que unha moción aprobada por unanimidade na corporación municipal de Arteixo, cun alcalde do PP, confirma a "falta de información, asesoramento e defensa do patrimonio" que sofren as localidades afectadas pola instalación de parques eólicos e liñas de evacuación.
"O propio alcalde do PP, nun concello con máis de 30.000 habitantes, o que lle solicita ao vicepresidente da Xunta e responsable de Industria que reciba aos representantes das tres forzas políticas no Concello para falar deste proxecto, o que indica a falta absoluta de comunicación, mesmo cos concellos gobernados polo seu partido", censura seco.
Sobre esta cuestión, esixiu ao alcalde de Artexito que "non quede só coa posta en escena" e que "poña toda a carne no asadpor, contratando a un gabinete xurídico con experiencia e coñecemento no sector para preparar alegacións que consigan paralizar este proxecto".
TORRE DE SANDE, EN CARTELLE
Por outra banda, a portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou na Cámara galega unha batería de iniciativas a través das que insta á Xunta a rehabilitar e pór en valor a Torre de Sande, ben de interese cultural e "unha das maiores xoias arquitectónicas" do Concello de Cartelle.
"Desde o século XIX o espazo quedou totalmente abandonado a pesar de que en 1949 foi protexido pola lei do patrimonio histórico español e declarado de interese turístico nacional", lembra a socialista, que lamenta que na actualidade atópase "en tan mal estado de conservación que mesmo corre perigo a estabilidade da estrutura".
Ademais, sinala que, "dado que a actual propietaria do ben asegura que non poder facerse cargo dos gastos de rehabilitación", "o máis razoable é que se inicien os trámites de colaboración coas administracións necesarias para que a Torre de Sande pase a ser de titularidade pública e procédase con urxencia á súa rehabilitación e posta en valor".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.