Recibe a alta o soldado de 20 anos da Brilat con covid e meninxite tras catro días na UCI

O contaxio do coronavirus produciuse nun ximnasio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/02/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O mozo de 20 anos da Brilat de Pontevedra con covid-19 que permanecía ingresado na UCI desde o xoves da semana pasada, recibiu a alta hospitalaria este martes. O home atopábase no cuartel da Brilat cando unha persoa coa que comparte ximnasio informoulle de que dera positivo en coronavirus, polo que se marchou a illarse no seu domicilio.

Soldados Brilat en Pontevedra
Soldados Brilat en Pontevedra | Fonte: Europa Press - Archivo

Non obtante, estando na súa casa notou síntomas e, por agravamento dos mesmos, tivo que ser hospitalizado no Hospital de Montecelo de Pontevedra, desde o que foi trasladado posteriormente ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Fontes consultadas por Europa Press manifestaron que o cadro clínico do mozo "complicouse cunha meninxite", a cal se descartou que estea derivada do coronavirus, polo que lle están a realizar outras probas á espera de determinar a orixe desta enfermidade.

Así, o home, que é deportista e non presentaba patoloxías previas, permaneceu na UCI ata que este luns foi trasladado a planta, como paso previo á súa alta hospitalaria este martes despois de que respondese ben o tratamento.

Fontes da Brilat confirmaron que este mozo non mantivo contactos estreitos con outros membros do persoal, xa que se distribúen en grupos burbulla. Nesta liña, engadiron que manteñen "un estrito control e cumprimento das normas de distanciamento e hixiene".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta