A variante surafricana xa está en Galicia

Sanidade contabiliza 14 casos confirmados de variante británica e 1 de surafricana, pero estuda outros 200.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade ten confirmados nestes momentos 14 casos de coronavirus de variante británica e un de cepa surafricana, aínda que estuda outros 200 sospeitosos.

Así o explicou este mércores a directora xeral de Atención Sanitaria, Carmen Durán, durante a rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico do martes, no que se constata que Galicia chegou a unha "situación de meseta" con "tendencia descendente", polo que se espera que a evolución sexa positiva nos próximos días.

Sobre a vixilancia especial das distintas variantes do virus, Galicia confirmou 14 casos de cepa británica e un de surafricana --o primeiro de España, en Vigo--. Ademais, estuda outros 200 casos sospeitosos de ser dalgunha das variantes coñecidas. Sobre a localización dos contaxios por variante británica, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que os primeiros diagnosticados foron na Mariña lucense, e que tamén se deron casos na Coruña, Santiago e en Vigo, relacionados co "brote do Meixoeiro".

Unha muller sométese a un test de antígenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Unha muller sométese a un test de antígenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press


PREDOMINANTE NUNHAS SEMANAS

O conselleiro apuntou que, coa información actual de penetración de cepa británica, ao redor dun 8 ao 10 por cento dos casos a nivel estatal poderían ser desta variante. Coa confirmación de casos en estudo e a progresión estimada, destacou, "poderiamos esperar en pouco tempo ter unha porcetaxe máis alta". Con iso, calcúlase que nun período entre catro e oito semanas a británica sería "a variante predomintante": "Esa é a hipótese coa que traballamos".

SOSPEITAS NALGÚN BROTE

Julio García Comesaña apuntou tamén que existe "sospeita" da presenza de variante británica "nalgún brote" identificado en Galicia. No entanto, destacou a dificultade do proceso para confirmar estes casos. Dos equipos de análises de PCR que ten Galicia, só dúas "son capaces de detectar a variante británica" de inicio, dixo García Comesaña, polo que o resto de probas, así como as sospeitosas de ser doutras cepas, deben pasar por un proceso de secuenciación masiva na Coruña, Santiago ou Vigo, algo que, dixo, é "lento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta