Constituído o comité de expertos de Meirás, que preside o historiador Xosé Manuel Núñez

Abordouse "traballar con axilidade" para que, en canto se poida, se abra ao público.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/02/2021 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O comité de expertos e expertas sobre o Pazo de Meirás, para concretar o relato que se fará del e os futuros usos, quedou constitutido formalmente este mércores, nun acto presidido por videconferencia polo secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez.

Neste comité participan pola Administración Xeral do Estado, Xosé Manuel Núñez, Ángel Manuel Rodríguez e Manuel Regueiro; pola Xunta de Galicia: Ramón Villares e Isabel Burdiel; e pola Deputación provincial da Coruña: Carlos Babío e Emilio Grandío. Polo Concello de Sada confórmano: Manuel Pérez e polo da Coruña: José Alfeirán. Pola Real Academia Galega: Marilar Aleixandre e polo Consello da Cultura Galega: Rebeca Blanco. Na reunión, segundo explicou a Europa Press uno dos participantes, Carlos Babío, acordouse que o historiador Xosé Manuel Núñez sexa o presidente do comité e que Marilar Aleixandre sexa a secretaria.

Coa intención de reunirse nunhas semanas, abordouse "traballar con axilidade", indicou Babío, que remarcou que o pazo, pola súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), "hai que abrilo". No entanto, a apertura ao público dos xardíns pospúxose debido á pandemia e as restricións. Da reunión, que cualificou sobre todo de "protocolaria", dixo que se abordou tamén a situación do interior e da seguridade no inmoble ante a falta, entre outras cuestións, de cámaras, segundo explicou.

Por outra banda, dixo que os expertos do comité analizarán agora os documentos que existen sobre "a historia de Meirás" de cara a realizar as súas propostas, das que xa expuxeron algunhas, así como a posibilidade de "ver in situ" o recinto. "Cando o permitan hai que abrilo", insistiu Carlos Babío sobre a apertura. Ademais lembrou que está pendente a concreción da exposición que se pretende facer en Meirás partindo da información achegada a este respecto por un grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Pazo de Meirás / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Pazo de Meirás / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta