A alcaldesa da Coruña convoca unha reunión para o día 23 onde se abordará o futuro do porto da cidade

Á reunión están covocados Xunta, Autoridade Portuaria, Puertos del Estado, Deputación, Adif e Ministerio de Industria

Por E.P. | A CORUÑA | 03/02/2021 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, convocou para o próximo 23 de febreiro á Xunta, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, Deputación, Adif e Ministerio de Industria a unha reunión para abordar de forma conxunta a situación do porto.

"E buscar solucións de cara ao futuro de Punta Langosteira e dos terreos urbanos que pertencen a esta infraestrutura", sinala o consistorio coruñés.

Nun comunicado, a rexedora indica que esta reunión con todos os órganos competentes "é vital polas circunstancias económicas en que se atopa porto da Coruña".

Respecto á débeda contraída pola execución das obras de Langosteira, avanza que o Concello "seguirá reclamando escenarios financeiros para darlle unha saída xa que en 2021está previsto que se incrementen as amortizacións e os ingresos non serán suficientes ao reducirse o tráfico un 20%".

Rey afirma que "as diferentes administracións implicadas debemos realizar unha posta en común para debater entre todas as posibles opcións e constituírnos nunha entidade pública co obxectivo de xestionar os terreos do porto interior destinados á desafectación". Para iso, reclama un novo convenio.

Porto da Coruña. PORTO DA CORUÑA - Arquivo
Porto da Coruña. PORTO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta