Aberto o prazo das bolsas para estudar no estranxeiro para alumnos do Centro Superior de Hostalaría

Chegarán aos 3.000€ por persoa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a apertura do prazo para solicitar as axudas para o alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia que curse estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2020/21. Segundo informou o Goberno autonómico , trátase dun total de 10 bolsas para as que Turismo de Galicia destina un importe total de 30 mil euros co obxectivo de favorecer a mobilidade internacional do alumnado do CSHG.

As axudas están destinadas ao alumnado deste centro que teña finalizados os estudos do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior en Xestión Hoteleira e que formalizase a matrícula de estudos complementarios de Dirección Hoteleira no estranxeiro. Os beneficiarios poderán obter unha axuda ata un máximo de 3.000 euros ou o 40% do custo da matrícula. A presentación de solicitudes poderase realizar ata o 5 de marzo a través da sede electrónica da Xunta.

Camareiro traballando
Camareiro traballando

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta