Xa se poden solicitar as 200 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

Con esta iniciativa, a Xunta pretende cubrir os os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e mantemento na Galicia territorial dos alumnos becados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a apertura do prazo de solicitude das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), cuxa quinta edición supón un novo incremento, tanto no número de prazas dispoñibles como na dotación económica asignada.

Os interesados poden comezar a solicitar estas bolsas a partir deste xoves, 4 de febreiro, ata o 30 de abril. Os beneficiarios deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no Exterior e estar admitidos na preinscrición dalgún dos másteres das universidades galegas.

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros a este fin, impulsando a captación dun total de 200 titulados universitarios galegos e de "currículo brillante", residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, que poderán cursar estudos de master nalgunha do tres universidades galegas.

Estudantes realizan exames na universidade. UNIVERSIDADE DE VIGO
Estudantes realizan exames na universidade. UNIVERSIDADE DE VIGO

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e mantemento na Galicia territorial.

Aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de orixe do alumno).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta