A Coruña descarta "de momento" recorrer ao hospital de campaña de ExpoCoruña

Responsables da área sanitaria aprecian unha "tendencia á estabilización" de casos que, porén, aínda non se traduciu nos ingresos en UCI, que seguen á alza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A área sanitaria da Coruña e Cee rexistra unha "tendencia á estabilización" de casos por coronavirus, segundo apuntaron fontes sanitarias consultadas por Europa Press. "Parece que a tendencia en xeral é a estabilizarse, pero imos ser precavidos e evitar triunfalismos", dixeron sobre a situación desde esta área sanitaria.

Neste contexto, ratificaron que "de momento non hai previsión de usar as instalacións de ExpoCoruña", engadiron sobre o hospital de campaña que se instalou ao comezo da pandemia. Para facer estas afirmacións, remítense á redución do número de hospitalizados. "Pasouse de 395 a 335 hospitalizados", sinalan sobre os datos relativos ao complexo hospitalario universitario da Coruña e sumando a situación tanto en UCI como en planta. "En toda a área pasouse de 427 hospitalizados a 369", engaden en relación aos últimos datos feitos públicos este xoves.

Destes 369 pacientes ingresados, hai no Chuac 79 en UCI, dúas máis, e 256 en planta, 22 menos. No Quirón, tres en UCI e cinco en planta; no Modelo cinco en UCI e 10 en planta e en Cee, 11 en planta. As altas de pacientes sitúanse en 331 pacientes e os que se atopan no seu domicilio ascenden a 5.476 nestes momentos.

Unha persoa corre en solitario e con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga aos deportistas a facer deporte ao aire libre con máscara e sen compañía en Galicia. M. Dylan - Europa Press
Unha persoa corre en solitario e con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga aos deportistas a facer deporte ao aire libre con máscara e sen compañía en Galicia. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta