Críticas á TVG por cubrir a confesión de Bárcenas cunha noticia "brevísima"

Defende a Galega denuncia que a peza quedou relegada á segunda media hora do informativo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A noticia da confesión do ex-tesoureiro do PP estatal Luis Bárcenas a respecto da suposta contabilidade B do partido vén de dar unha inxección de tensión á actualidade informativa. Coa maioría dos focos postos no inminente comezo do xuízo e o dedo de Bárcenas apuntando a Rajoy, a cobertura ofrecida por parte da CRTVG sobre o suceso vén de xerar críticas.

Luís Bárcenas, no Congreso
Luís Bárcenas, no Congreso

A denuncia concreta partiu da plataforma de traballadores que dende hai meses denuncian a "manipulación" do ente público a mans da Xunta de Galicia. En concreto, dende Defende a Galega cargaron tanto contra a posición da cobertura --que, explican, quedou relegada á segunda media hora do informativo-- como contra a estensión desta, que ao seu ver resultou máis ben escasa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta