Temas: CRISE PROTESTA CIG

A CIG convoca mobilizacións este domingo para "unha saída galega xusta da crise"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/02/2021 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

A CIG desenvolve desde o mes de outubro unha campaña por "unha saída galega xusta da crise", no marco da cal convocou para este domingo, 7 de febreiro, unha xornada de mobilizacións para esixir políticas que permitan unha recuperación socioeconómica e condicións "dignas" aos galegos.

Un home observa un establecemento pechado o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no concello de Vilalba
Un home observa un establecemento pechado o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no concello de Vilalba | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

As mobilizacións, explicou a CIG, desenvolveranse en toda Galicia para denunciar que as medidas propostas e adoptadas polo Goberno central e o autonómico son "insuficientes ou inexistentes" para dar unha resposta á crise derivada da pandemia.

Para facer fronte a esta situación a central sindical propón un plan de recuperación económica, industrialización e creación do emprego "digno" mediante unha batería de medidas que foi remitida aos partidos políticos e ás asociacións patronais.

Temas: CRISE PROTESTA CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta